Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Miércoles, 29 Marzo 2017 19:20
Valora este artículo
(0 votos)

Erni e Criss, o gol do derbi mariñán

Sen equipos en Terceira, e con tan só dous en Preferente, Viveiro e Ribadeo disputan este domingo día 2 de abril en Cantarrana un interesante derbi. Ben seguro que ámbalas dúas afeccións preferirían que este encontro se xogase cos seus equipos loitando polo ascenso, pero ningún deles foi quen de chegar á última fase da temporada con opcións. Un mal comezo de liga lastrou as aspiracións dos dous equipos, que chegan ó derbi empatados a puntos e logo de gañar os dous últimos compromisos ligueiros.
 
As referencias ofensivas dos dous equipos son mariñáns. Erni (Viveiro CF), nativo da cidade do Landro, aínda que fixo un paréntese no Racing Vilalbés, desenrolou a maioría da súa carreira deportiva no equipo do seu pobo, e Criss (Ribadeo FC), focense que disputa a súa quinta temporada no Ribadeo, logo de pasar polo Lemos, Foz e Xove Lago, falan con GALIFÚTBOL.

ERNI: "O DERBI É UN DOS PARTIDOS MARCADOS EN VERMELLO"

¿En que momento chegades ó derbi mariñán?

Creo que chegamos nunha dinámica positiva despois de dúas victorias consecutivas, con gran moral e confianza despois de levar varios partidos cun gran nivel de xogo.

¿Cómo é de especial para ti o derbi?

Para min e para os meus compañeiros é un dos partidos marcados en vermello a comezo de temporada e que esperas a que chegue con ilusión. Persoalmente, por desgracia, perdinme o da primeira volta por lesión así que afronto este partido con moitas gañas e a maior das motivacións de conseguir os tres puntos.

¿O resultado do derbi, influirá no último tramo da temporada para vós?

Penso que os dous vimos nunha boa dinámica de resultados e pase o que pase o domingo non temos opcións de chegar ós postos de ascenso, e tampouco teremos apuros ningún dos dous para salvarnos. Eso si, pase o que pase o meu equipo vai intentar quedar o máis arriba posible na clasificación e gañar os máximos partidos de aquí a final de temporada.

Se marcas no derbi, ¿a quen llo adicarás?

Seguro que a alguén, pero non o teño pensado aínda.

¿Cal cres que é o xogador máis determinante do Ribadeo?

Teñen varios xogadores de gran nivel, pero para min o que sobresae é Mauro Poratti.

¿Cómo valoras a temporada do Ribadeo ata o de agora?

Creo que era un gran equipo coa base de xogadores do ano anterior en Terceira e fixo bos reforzos, pero por razón que desconozo non están competindo polos postos de ascenso como estaban considerados a principios de temporada por presuposto e plantilla.

Se no comezo de temporada non deixarades tantos puntos, poderíades estar na pelexa polo ascenso?

Está claro que fixemos un comezo moi malo e eso penalizounos moito. Creo que duranto o ano sempre se necesita unha pizca de sorte e nós non a tivemos, pero por outro lado a temporada é moi longa e pon a cada un no lugar que merece e algo estaremos facendo mal a directiva, entrenadores e xogadores para que este ano co equipo que temos non poidamos loitar polo ascenso.

¿Qué equipos pensas que ascenderán a final de temporada?

Creo que o Noia claramente, e aposto polo Polvorín que chega moi forte.

¿O mellor xogador da Preferente Norte?

Rego (Viveiro CF)
 
CRISS: "PARA OS XOGADORES DA MARIÑA É UN PARTIDO ESPECIAL"

¿En que momento chegades ó derbi mariñán?

Chegamos nun momento de tranquilidade. Tiñamos que gañarlle a Lemos e Soneira para non vernos en problemas e agora seguiremos disfrutando de cada partido sabendo que contamos cunha boa cifra de puntos.

¿Cómo é de especial para ti o derbi?

Para os xogadores que somos da Mariña este tipo de partidos son especiales, tanto por enfrentarte a ex compañeiros de equipo, como por poder xogar nun bon campo como é Cantarrana. Agardamos que se vexa un bon partido.

¿O resultado do derbi, influirá no último tramo da temporada para vós?

O resultado non creo que teña gran transcendencia para nós no que resta de temporada, xa que os postos de cabeza están moi lexos e a salvación está ben encamiñada. De tódalas formas trataremos de gañar cada partido para rematar o máis arriba posible.

Se marcas no derbi, ¿a quen llo adicarás?

Ós rapaces que adestro nas escolas de fútbol Santiago de Foz. Gustaríame que mantivesen a ilusión de adestrar e xogar cada fin de semana por moito tempo e sigan enganchados a este fermoso deporte.

¿Cal cres que é o xogador máis determinante do Viveiro?

Tanto Erni como Rego parécenme dous bos xogadores.

¿Cómo valoras a temporada do Viveiro ata o de agora?

Está claro que a temporada do Viveiro non está sendo boa, coa plantilla que ten todos suponíamos que estaría pelexando polo ascenso. Cando cambiaron de adestrador tuvo un bon momento no que sumaron moitos puntos, pero para estar arriba hai que ser moi regular durante todo o ano.

Se no comezo de temporada non deixarades tantos puntos, poderíades estar na pelexa polo ascenso?

Certo é que empezamos moi mal, pero soubemos reaccionar, cambiar cousas e ir acoplando ós novos xogadores. Esta temporada o noso maior problema foron as constantes lesións de varios xogadores como Chile, Jacob, Iván, Brais...que nos fixeron adestrar e competir cortos de efectivos. De estar todos creo que estaríamos máis arriba.

¿Qué equipos pensas que ascenderán a final de temporada?

O Noia teno feito, e logo entre Estudiantil, Laracha e Polvorín ascenderá o que máis o mereza. Teñen partidos entre eles e o que ascende a final de temporada teno ben merecido.

¿O mellor xogador da Preferente Norte?
Para min Mauro Poratti. É unha sorte telo no equipo.
 
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.