Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Lunes, 20 Marzo 2017 00:03
Valora este artículo
(0 votos)

O Areas sae do bache cunha vitoria ante o Alertanavia (CRÓNICA)

O Alertanavia recibiu este domingo ao Cultural Areas, líder da Preferente, que chegaba tras unha racha negativa de tres partidos sen gañar. Aos sete minutos de partido, o conxunto visitante conseguiu adiantarse grazas a un tanto de Canhoto. Catro minutos despois, Telmo conseguiría o 0-2 para os ponteareáns. A pesar da vantaxe, un gol de Javi Nogueira no minuto 22 volveu meter no partido aos locais, pero cinco minutos antes do descanso Samu anotaría o 1-3 para complicarlle ao Alertanavia as opcións de conseguir a vitoria.
 
Tras o paso polo túnel de vestiarios, houbo que agardar por un novo gol, neste caso a raíz dun penalti, ata o minuto 63, cando se produciu a expulsión do capitán do Areas, Iván. Totti foi o encargado de executalo, anotando o 2-3 no marcador. Cun home menos, o Areas intentou aumentar distancias para sentenciar o partido, conseguíndo o definitivo 2-4 nos últimos minutos do encontro cun novo gol de Canhoto. Tras esta vitoria, o Areas continúa líder con 58 puntos, e pensa xa no partido do vindeiro domingo ante o Nogueira de Ramuín. Mentres, o Alertanavia mantense na metade baixa da clasificación, decimocuarto con 37 puntos. Os vigueses visitarán o vindeiro domingo ao Mondariz.
 
Ficha técnica.
 
Alertanavia: Adrián Costas, Fabio, Totti, Pibis, Dieguito, Berto, Nel, Cebo, Miguel, Adrián López e Javi Nogueira. Tamén xogaron Berto Martínez, Raúl, David e Jandro.
 
Areas: Luís, Samu, Murilo, Mape, Iván, Lato, Canhoto, Malam, Domingos, Berto Castiñeira e Telmo. Tamén xogaron Christian e Dani Porto.
 
Árbitro: Darío Domenech. Amonestou aos locais Javi Nogueira, Totti e Jando, así como aos visitantes Domingos, Telmo, Samu, Christian e Murilo, expulsando a Iván.
 
MIGUEL BOUZÓ PARA GALIFÚBTOL
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.