Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Domingo, 09 Abril 2017 21:00
Valora este artículo
(0 votos)

O Areas imponse con solvencia ao Atios (CRÓNICA)

Tarde de domingo soleada no Campo da Lomba, onde o líder da Preferente Sur recibiu ao Atios coa intención de aumentar distancias cos seus perseguidores. Aos 15 minutos chegou a primeira ocasión clara do partido, que sería para o Atios nun man a man de Noel co gardamenta Luís que rexeita o balón e Asier envía fóra.
 
Tras este saque de porta puideron adiantarse os locais, pero Sombri cruzouse no camiño de Domingos para evitar o gol. O 1-0 chegou no minuto 29 de partido, cun disparo de Canhoto dende a frontal da área. Sete minutos despois, tras unha boa xogada de Berto Castiñeira por banda esquerda, Domingos aumenta distancias anotando o 2-0 dende dentro da área pequena. Dous minutos antes do descanso Berto Castiñeira regatea ao porteiro para anotar o terceiro do Areas.
 
Tras o paso polo túnel de vestiarios, os locais dispuxeron dunha clarísima ocasión nos pés de Berto Castiñeira, que tras regatear a toda a defensa dentro da área tarda en rematar a xogada e envía ao balón ao lateral da rede. Co partido resolto, o Areas baixou o ritmo, e as ocasións comezaron a escasear por ambas partes. Unha boa intervención do gardameta Luís evitou o gol da honra para o Atios na recta final do partido. No minuto 90, Murilo anotou dende os once metros o definitivo 4-0. Con esta vitoria, o conxunto dirixido por Carlos Machado continúa líder con 67 puntos. Pola súa parte, os porriñeses mantéñense na undécima posición con 41 puntos. Tras o parón vacacional, o Areas visitará ao Caselas, mentres o Atios recibe ao Mondariz.
 
 
Ficha técnica.
 
Areas: Luís, Samu, Murilo, Dani Porto, Iván, Cristian (Lato, min. 69), Canhoto (Rubén, min. 80), Malam, Nuno Paulo, Berto Castiñeira (Óscar Covelo, min. 81), Domingos (Telmo, min.73).
 
Atios: Vitas, Marcos, Manu (Iker, min. 46), Adrián (Berto, min. 65), Sombri, Telmo, Rubén, Víctor Besada (Yoel, min. 75), Asier, Noel, Alex Rey (Gabri, min.85 [Javi Vidal, min. 88]).
 
Árbitro: Miguel Ferrol Muñiz, Santiago.
 
M. Bouzó para Galifútbol
Modificado por última vez en Domingo, 09 Abril 2017 21:35
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.