Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Viernes, 20 Enero 2017 12:52
Valora este artículo
(0 votos)

La jornada de Preferente Norte, por Marcos Veiga: 'Adestrador axudante'

Hoxe gustaríame poñer en valor no meu artigo semanal a importancia do Adestrador Axudante, comúnmente coñecido como Segundo Adestrador, porque sempre tiven claro que para realizar ben calquera tarefa é fundamental estar rodeado dos mellores profesionais. O que fai que suba o nivel do traballo de calquera adestrador é a calidade do seu entorno: axudantes, xogadores, directiva, etc. Na actualidade ninguén pensa nun equipo de primeiro nivel sen un Corpo Técnico formado como mínimo por Adestrador Principal, Adestrador Axudante, Preparador Físico (a miúdo mais de un), Preparador de Porteiros e tamén por un psicólogo.
 
 
O nivel individual de cada un dos integrantes do grupo sumado ao número de persoas que o configuran proporcionaranos a calidade do traballo realizado. Sería moi difícil repartir a porcentaxe do éxito ou do fracaso dun Corpo Técnico entre os seus integrantes, pero o que si está claro é a importancia que ten para o Adestrador Principal a figura do Adestrador Axudante pola súa cercanía e tamén pola similitude do traballo que realizan.

Antigamente eran coñecidos como Segundos Adestradores e as súas funcións eran as de un simple "peón de traballo" que se adicaba a levar material, poñer conos e outras tarefas de menor importancia. Pero os tempos cambiaron e agora teñen un papel de importancia, ademais de unha preparación/titulación similar a do Adestrador Principal. Na actualidade o Adestrador Axudante é partícipe de todo o que ten que ver co equipo, participando e opinando en todo a modo de complemento do Adestrador Principal. Para que haxa unha colaboración importante ou en definitiva para que un sexa complemento do outro é imprescindible que exista unha plena coincidencia na forma esencial de ver e entender o xogo, así como unha plena confianza recíproca.

Será moi importante que as discrepancias entre os dous ( que sempre vai haber matices polas dúas partes), tanto na forma de ver e entender o xogo ou na de planificar, programar, deseñar sesións ou en calquera outro tema relacionado co equipo sexan tratadas de xeito privado e nunca diante dos xogadores. Hai que intentar que non se produzan grietas na relación entre ambos, pois é a persoa que fai mais levadeira a chamada "soidade do adestrador".

Por estas razóns é moi importante que sexa o Adestrador Principal o encargado de buscar o Adestrador Axudante, e que non deixe a búsqueda nas mans do club. Ninguén mellor que un mesmo para saber que calidades ten que ter a persoa que te complemente, ademais de que ten que ser alguén de plena confianza. Isto xunto con que ten que ser unha persoa cualificada, traballadora e que este dispoñible, fai que sexa a miúdo unha das tarefas mais complicadas para formar un Corpo Técnico.

Teño que dicir que eu fun moi afortunado xa que contei con ese tipo de Axudante mais de unha vez, pero non sempre foi fácil atopalo.

Despois de este pequeno homenaxe a figura do Adestrador Axudante imos analizar o que aconteceu na xornada 20.

ARZÚA – VIVEIRO
O equipo local sentenciou o partido nos primeiros quince minutos e con esta vitoria afastase da zona de perigo e trunca un pouco as ambicións do Viveiro. Os dous equipos quedan nunha zona cómoda, sen moito perigo de descenso pero con escasas opcións de loitar polos postos de ascenso directo.
 
BERTAMIRANS – SONEIRA
Partido entre dous equipos moi necesitados que se resolveu a favor dos visitantes no derradeiro minuto. Este resultado dálle algo de vida ao Soneira e mete en serios problemas ao Bertamiráns que non coñece a vitoria dende a xornada catorce.
 
SADA – LEMOS
Vitoria do Lemos que fai olvidar momentaneamente os seus problemas extradeportivos e que o acercan un pouco mais á salvación, e que sen dúbida acercan ao Sada á Primeira Rexional. O equipo de Sada terá que facer un milagre na segunda volta para saír de postos de descenso.
 
XALLAS – POLVORÍN
Cuarta vitoria consecutiva do equipo de Iván Cancela e encima ante un rival directo como é o filial do Lugo, que o achega aos postos de ascenso directo. Gran remontada a do Xallas que non tivo un bo inicio ligueiro pero que pouco a pouco foi escalando posicións ata alcanzar a actual cuarta posición. O Polvorín a pesar do seu potencial continua cunha traxectoria moi irregular e amosase incapaz de ter continuidade nos seus resultados positivos , aínda que segue na loita polo ascenso porque a maioría dos seus rivais teñen o mesmo problema.
 
PAIOSACO – LARACHA
Este partido, ao igual que o anterior, enfrontou a dous rivais directos polos postos de ascenso e resolveuse cunha contundente vitoria do cadro visitante por 0 a 3, con dous goles do seu dianteiro Taibo. Despois de este resultado quedan os dous equipos empatados a puntos, aínda que con gol-average a favor do Laracha, e metidos de cheo na loita polo segundo posto despois da derrota do Estudiantil.
 
BETANZOS – MUGARDOS
O Betanzos rescatou un punto moi importante no derradeiro minuto cun gol de Sergio. Este gol vale mais que un punto porque impide que o Mugardos se escape na Táboa Clasificatoria.
 
ARTEIXO – SARRIANA
A Sarriana adiantouse cun gol de Marino na primeira parte pero non foi quen de manter o resultado e tres goles do Arteixo na segunda metade déronlle a volta ao resultado. O equipo lucense ten que reaccionar pronto se non quere quedar descolgado da loita pola permanencia.
 
ESCAIRON – RIBADEO
Derbi lucense que se resolveu con vitoria local pola mínima ante un dos mellores equipos como visitante. Con esta vitoria o Escairón achégase a catro puntos do segundo posto, que da dereito a ascenso directo e o Ribadeo corta as súas aspiracións de loitar polos postos de ascenso.
 
NOIA – CHANTADA
O Chantada púxolle as cousas difíciles ao Noia pero ao final impúxose a lóxica e o equipo local fíxose cos tres puntos. O Noia da un paso mais no seu camiño para voltar a Terceira División e o Chantada aínda que non sacou ningún punto que lle axuden a saír dos postos baixos sí que deixou unha boa imaxe e voltou con boas sensacións.
 
SOFÁN – ESTUDIANTIL
Segunda derrota consecutiva do Estudiantil que fan perigar o segundo posto e que permiten que o Noia se escape de xeito case definitivo. Con este resultado o equipo visitante perde o colchón de puntos que tiña con respecto o terceiro clasificado e permite que o Sofán se volva meter na loita polo segundo posto.
 
Unha vez finalizada a xornada 20 vemos que o Noia encabeza a clasificación con claridade e ten un colchon de 13 puntos con respecto o terceiro clasificado, posto que xa non da dereito a ascenso directo, polo que moi mal tería que facer a segunda volta para non acadar o ascenso. A continuación hai moita igualdade na loita polo segundo posto (de ascenso directo) e polo terceiro e cuarto (de promoción de ascenso), pois só separan ao segundo clasificado que é o Estudiantil e ao oitavo que é o Sofán cinco puntos. Pola parte baixa pasa algo similar que pola parte alta, xa que está o Sada moi descolgado con oito puntos, a Sarriana penúltimo con 16 e entre o decimo oitavo (Soneira) e o noveno tan só hai nove puntos de diferenza, así que non pode despistarse ninguén se non quere verse na Primeira Rexional para a próxima temporada.

A xornada 21 presentase con partidos moi interesantes, decisivos e de moita rivalidade como poden ser SARRIANA – ESCAIRÓN, POLVORÍN – PAIOSACO, SONEIRA – SADA ou ESTUDIANTIL – ARZÚA.

Moita sorte para todos os equipos e boa semana para todos os lectores de GALIFÚTBOL.
 
MARCOS VEIGA, ADESTRADOR DE FÚTBOL
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.