Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Viernes, 20 Enero 2017 19:50
Valora este artículo
(0 votos)

OPINIÓN | Manuel Mourelos: 'Queridos Reis Magos de Oriente, Papá Noel ou quen sexa:'

Chámome Rosi, Alberto, Jacobo, Mithum ou mesmo Rei, coma vostedes. Xogo no C.D. Lugo, pero ben podería ser no S.D. Antas ou en calquera club da provincia.
 
Un día escoitei que Guardiola fora recollepelotas no Barça, Iago Aspas no Celta, e así un montón de xogadores que máis tarde vin xogar pola televisión ou incluso en directo, no Anxo Carro.
 
Agora facémolo nós. Os meus compañeiros e eu levantamonos cada día que hai partido coa ilusión de ver de cerca aos nosos ídolos como Deulofeu, Seoane ou Pita, e ademáis contamos con adestradores como Arce, Noé, Castro e outros moitos que fan todo o posible para que cada xornada sexamos mellores en tódolos eidos. Temos preparadores físicos, psicólogos, directores da base, fisioterapeutas e moitos profesionais dispostos a axudarnos no fútbol, nos estudos, na alimentación...
 
Nós, os xogadores, portámonos moi ben proporcionando talento, compromiso, amplitude de miras, implicación, respeto e moitas moitas gañas de aprender. Sabemos da dificultade de chegar ao máximo nivel, somos moitos e hai poucos sitios libres pero coa axuda de todos (tamén da nosa familia, que é imprescindible) intentaremos mellorar as estatísticas.
 
Este ano non pedimos xoguetes, nin botas, nin camisetas de Messi. Agora pedimos que nos deixen interactuar no Anxo Carro cando sexa posible, para poder demostrar que estamos preparados, que temos a actitude e as aptitudes necesarias para adestrar a carón dos mellores. E se despois de ter esa oportunidade hai outros mellores ca nós, marcharemos a outro club a seguir formándonos para, se cadra, seguir o exemplo de Piqué, Carvajal ou Morata, que voltaron anos despois con máis nivel.
 
Non falo só por min e polos meus amigos, sei que virán xeracións futuras empurrando coma nós para facer do noso Lugo unha familia tan tan grande que a árbore xenealóxica do club terá máis ramas ca a selva do Amazonas. Estou convencido. Porque agora si, agora o club cre en nós.
 
Agardo os vosos presentes,
 
Unha forte aperta.
 
PD: (Igual a carta chega un pouco tarde, pero non hai présa, tamén nos vale para o Nadal de 2017)
 
 
Manuel Mourelos. Entrenador del SD Antas y de la base del CD Lugo.
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

1 comentario

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.