Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Jueves, 16 Febrero 2017 15:08
Valora este artículo
(0 votos)

La jornada de Preferente Norte, por Marcos Veiga: 'Reforzos e obxectivos'

Entramos na parte decisiva da tempada e agora xa podemos dicir que os obxectivos clasificatorios de cada equipo están practicamente definidos. Ao inicio de cada campaña os conxuntos parten cuns obxectivos, entre os que destacan os clasificatorios, que para o futuro inmediato dos clubs son moi importantes. Co paso das xornadas estes obxetivos poden sufrir alteracións, tanto positivas como negativas, porque existen moitos factores que os alteran como ben poden ser as lesións, rendemento individual ou colectivo inesperado, nivel da competición, etc. Despois de 24 xornadas xa temos unha clasificación que nos marca con bastante claridade cales poden ou deben ser as aspiracións de cada club.
 

Chegados a este momento os clubs valoran a posibilidade de reforzarse para acadar os seus obxetivos clasificatorios, e sempre hai a dúbida de si é acertado ou non reforzarse a metade de tempada. Aquí é importante aclarar que falamos de reforzar o equipo para acadar un obxetivo e non para paliar posibles baixas.

Partindo da base de que sempre é positivo mellorar, hai que ter coidado coas fichaxes a estas alturas de tempada e non fichar por fichar. Debido a que non hai tanto tempo como na pretemporada para traballar tacticamente, só debemos fichar xogadores que nos dean un salto de calidade importante e que polas súas características teñan unha fácil integración no noso estilo de xogo. Outras fichaxes interesantes a estas alturas de tempada son xogadores con proxección, con vistas a vindeiros anos, ou futbolistas para suplir baixas causadas por lesións ou fichados por outros equipos. Estas dúas opcións non son as que tratamos aquí, porque a priori non teñen por finalidade dar un salto inmediato que nos axude na consecución duns obxetivos clasificatorios inmediatos.

Para que un xogador nos de un salto cualitativo importante, ademais de ter un nivel alto a nivel físico, táctico, técnico e incluso psicolóxico con respecto a media dos xogadores do equipo ou da competición, será importante que se adapte ao noso estilo de xogo e tamén aos diversos sistemas empregados, sen obrigarnos a facer moitas variantes tácticas nin cambios de posicións de xogadores, xa que a estas alturas de temporada non temos tanto tempo nas sesións para traballar tanta variación táctica.

Outra das características a ter en conta é a personalidade do xogador pois terá que integrarse á velocidade de cruceiro nun grupo xa feito. Se o xogador non se integra será imposible que teña un rendemento óptimo ademais de perigar a boa dinámica do grupo.

Analizado todo isto hai que dicir que reforzarse a estas alturas de tempada é moi útil para darlle un plus ao equipo na consecución de obxetivos clasificatorios, pero sempre que se faga tendo en conta as premisas anteriores pois senón pode ser un risco. Isto fai que a miúdo sexa moi complicado encontrar a ese futbolista que nos de un plus e moitos clubs decidan fichar igualmente, o que provoca que non se acerte coa fichaxe e que despois todos dubiden de si é bo ou non fichar durante a tempada.

Polo que respecta aos partidos de esta xornada imos analizar cada partido:
 
SPORTING SADA – BERTAMIRÁNS
Derrota do equipo local ante un rival directo pola permanencia, que complica un pouco mais o obxectivo de manterse un ano mais na Preferente. Sendo realistas probablemente o Sada debería empezar a planificar a próxima tempada, gañando tempo así a moitos rivais para afrontar con garantías a competición. Para o Bertamiráns esta vitoria supón un paso importante porque deixa un rival directo case descendido matematicamente e polas derrotas de outros rivais como a Sarriana, Lemos ou Soneira.
 
XALLAS F.C. – C.S.D. ARZÚA
Segunda derrota consecutiva do equipo de Santa Comba que frea un pouco as súas aspiracións de ascenso, ante un rival que despois de un mal inicio ligueiro situase na zona media da táboa clasificatoria, e si ben ten moi complicado loitar polos postos de ascenso está moi preto de certificar a permanencia na categoría un ano mais. O partido foi moi igualado, e o Xallas a pesar de adiantarse no marcador non foi quen de evitar a remontada do equipo visitante.
 
PAIOSACO – VIVEIRO
Partido moi igualado entre dous dos equipos mais en forma da categoría en este tramo de Liga, que rematou con reparto de puntos. Resultado que deixa boas sensacións aos dous equipos, porque o equipo local consegue empatar despois de que se adiantara o Viveiro, e así mantén os catro puntos de vantaxe que tiña, e o Viveiro consegue un punto importante nun dos campos mais complicados da categoría e continúa coa boa dinámica das últimas xornadas. Ademais a derrota do Estudiantil e do Laracha fan positivo o punto acadado por cada un dos equipos.
 
BETANZOS –SONEIRA
Partido a priori moi importante a nivel clasificatorio e de consecución de obxectivos o que se disputaba esta xornada en Betanzos. Afrontaban o partido os dous equipos sabendo da importancia do mesmo xa que estaban en postos de descenso e separados tan só por catro puntos. O equipo local foi superior de principio a fin e acercase un pouco mais a permanencia, mentres que o Soneira queda nunha posición moi complicada e terá que facer unha moi boa segunda volta para non descender.
 
ATLÉTICO ARTEIXO – CLUB LEMOS
Partido plácido para o Arteixo que recibía a un Lemos que se presentaba con só once xogadores e tendo que xogar un porteiro como xogador de campo. O encontro partía como prioritario para as dúas escadras porque estaban igualados a puntos e en posicións de perigo. Ao final derrota contundente e dolorosa a infrinxida polo equipo local ao monfortino, que en esta segunda volta está pagando a súa caótica planificación e funcionamento, e que o acerca ao descenso de categoría.
 
ATLÉTICO ESCAIRÓN – POLVORÍN
Partido no que se enfrontaban un dos mellores equipos como local contra un dos peores como visitante, pero no que non se cumpriu a lóxica e rematou con vitoria contundente do visitante por catro goles a un. Con este resultado o equipo local queda sen moitas opcións de loitar polos postos de ascenso e o Polvorín, despois de unha dinámica un tanto irregular e das derrotas de rivais directos, métese de cheo na loita por ascender a Terceira División.
 
C.F. NOIA – LARACHA C.F.
O Laracha poñía a proba ao líder nun dos partidos mais atractivos da xornada, e o equipo de Noia superaba esta proba con nota ao gañar por tres a cero. O equipo visitante foi quen de aguantar tres cuartos de partido, pero despois de encaixar o primeiro gol veuse abaixo e non foi quen de sacar nada positivo da súa visita ao líder. Os resultados dos demais equipos da parte alta da táboa clasificatoria fan que o Noia se acerque moito ao Ascenso e que se minimicen os danos da derrota do Laracha.
 
SOFÁN - GALICIA MUGARDOS
Vitoria pola mínima do Sofán que o acercan a permanencia matemática e que lle dan pequenas opcións de meterse na loita polos postos de ascenso. O Mugardos non pode despistarse se non quere pasar apuros para acadar a permanencia, aínda que ten un certo colchón de puntos.
 
CHANTADA – SARRIANA
Outro dos partidos mais importantes da xornada a nivel clasificatorio e de consecución de obxectivos, que rematou cunha vitoria cómoda do equipo local. O chantada pronto encarrilou o partido con dous goles e despois dedicouse a xestionar o resultado, mentres que a Sarriana non foi quen de meterse no partido en ningún momento, e complica moito as súas opcións de permanencia con esta derrota ante un rival directo.
 
RIBADEO – AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL
Vitoria contundente do Ribadeo que se amosa como o mataxigantes da categoría e que complica a posición do Estudiantil, que en esta segunda volta está sendo un equipo demasiado irregular para acadar o obxectivo do ascenso. O resultado fala do potencial do equipo local, que de ter un bo inicio ligueiro seguro que estaría metido de cheo na loita polo ascenso.
 
Despois de analizados os partidos da pasada xornada imos prepararnos para seguir a seguinte, que como sempre nos trae partidos moi interesantes e xa bastante decisivos porque cada vez queda menos para que remate a Liga e menos marxe para corrixir erros. Entre os partidos do próximo fin de semana destaca o Polvorín – Noia ou o Galicia Mugardos – Chantada.

Moita sorte a todos os equipos e boa semana a todos os lectores de Galifútbol.
Modificado por última vez en Jueves, 16 Febrero 2017 15:14
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Coach
BANNERarboco2

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.