Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Domingo, 12 Marzo 2017 15:30
Valora este artículo
(0 votos)

O Castro aproveita a visita do colista Órdenes para volver acercarse á permanencia (CRÓNICA)

A visita do colista semellaba unha boa oportunidade para volver acercarse á zona de permanencia. E así foi no resultado, non así no xogo. O Castro sacou adiante un mal encontro ante un Ordes voluntarioso porén falto de recursos.
 
 
A mañá non comezou mal. Xenialidade de Iván González que deixou só a Omar. Vaselina do extremo lucense e 1-0 ás primeiras de cambio. O cadro de Jaime Sánchez non era capaz de combinar tres pases seguidos. E os de Iván Lamas contaxiáronse do seu rival. A relaxación apoderouse de varios dos futbolistas locais e o encontro derivou nun auténtico 'tostón' por momentos. Por sorte, Xaime sacou da súa chisteira un novo truco. Unha falta lanzada por fóra da barreira, que se convertiu no 2-0. Magnífico resultado ao descanso.
 
Na reanudación, os locais careceron da concentración e intensidade necesaria. Semellaban un equipo totalmente distinto ao que estamos acostumados durante toda a tempada. Porén o Ordes seguía sin crear peligro. Tichu, o mellor do encontro de longo, perdonou a sentencia. Un tremendo disparo dende uns vinte e cinco metros que se estrellou no longueiro. Ía directo aos elixidos entre o 'En Xogo'. Iván González, cun cabezazo na área pequena tamén tivo o terceiro moi preto.
 
Os últimos minutos foron para os de Jaime Sánchez, que só por orgullo lograron o gol da honra. Aparicio avisou cunha falta que se marchou por pouco e Saad fixo o tanto visitante cun remate dende dentro da área. O importante, tres novos puntos que poden deixar ao Castro a un só punto da permanencia ao final desta xornada.
 
REDACCIÓN CD CASTRO
 
2 Castro: Manu Cedrón; Marino, Tanketín (Edrosa, min. 66), Rubí, Dumi, Javichu; Héctor (Nano, min. 49), Xaime, Tichu; Iván González e Omar (Adrián Iglesias, min. 76).
 
1 Ordes: Alberto González; Juan Fuentes, Alberto Varela (Óscar Boo, min. 52), Rubén, Pablo Vidal; Patryk, Aparicio; Kevin Stiven (Saad, min. 66), Abel, Rodri (Martín Graña, min. 54); e Jacobo.
 
Árbitro: García Lesta (Pontevedra). Mostrou cartón amarelo a Javichu no Castro e a Aparicio no Ordes.
 
Goles: 1-0 Omar (min. 5). 2-0 Xaime (min. 29). 2-1 Saad (min. 92).
 
Incidencias: Municipal de Castro. 250 espectadores.
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.