Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Domingo, 19 Marzo 2017 21:37
Valora este artículo
(0 votos)

O Arosa afiánzase no cuarto posto tras golear ao Dubra nun cómodo patido (CRÓNICA)

O Arosa venceu hoxe por 4-1 ao Dubra nun cómodo partido que lle afianza no cuarto posto, e volve, máis de 3 anos despois, a encadear 3 victorias consecutivas. Xa desde o inicio do partido os locais deixaron clara a súa intención de gañar o encontro o antes posible contra un Dubra que xa está prácticamente descendido.
 
 
Os de Otero saíron arriba e buscando as costas da defensa visitante. No minuto 3 chegou o primeiro aviso cun remate de Hugo nun córner botado por Julio Rey desde a esquina esquerda. No minuto 12 un pase longo habilita a Eloy, reclamando penalti o graderío despois de que o extremo caese na área. Dous minutos despois os arlequinados conseguiron abrir o marcador. Foi nunha xogada que comezou en banda esquerda. O balón chegoulle a Sergio na frontal, o mediocentro cambiou o xogo á banda dereita, e o magnífico centro de Fran Matos foi estupendamente cabeceado en plancha por parte de Eloy. Poucos minutos despois o Dubra dispuxo da súa mellor ocasión da tarde, pero o remate de Cholo foise por riba da porta defendida por Pazos.
 
A partir do gol o conxunto local relaxouse un pouco, mantendo o control do partido. Non dispuxo de máis ocasións claras até o minuto 38 cando unha espectacular acción de Julio Rey dentro da área tras asistencia de Hugo foi despexada a córner. A falta de 5 minutos para o descanso o capitán Pablo Rivas cabeceou á rede un saque de esquina, subindo o 2-0 ao electrónico da Lomba. Dous minutos máis tarde Marcos obligou a lucirse a Brais, sacando da escuadra o disparo do hoxe lateral esquerdo do Arosa.
 
Brais fixo outro auténtico "paradón" no minuto 5 do segundo tempo tras disparo de Antón Vilas. No 62 chegou o terceiro gol. Gonzalo marcou en propia meta ao intentar desviar unha falta botada por Sergio Santos. 3 minutos despois, Diego Sylla, que acababa de substituir a Vilas marcou o cuarto. O dianteiro senegalés recortou dentro da área e lanzou un tiro cruzado ao que non puido chegar Brais.
 
A partir de aí prácticamente non houbo partido, até que no minuto 90 Adrián Vázquez marcase o 4-1.
 
Este resultado, xunto coa derrota do R.Villalbés en Barbadás, afianza ao Arosa no cuarto posto, agora con 3 puntos de vantaxe sobre os da Terra Chá.
 
A próxima semana os de Otero visitan o Multiusos de San Lázaro no que será o partido máis atractivo da xornada 31.
 
CELSO CALLÓN / VILAGARCÍA
 
FOTO: LA VOZ
 
Arosa: R. Pazos, Fran Matos, Marcos, P.Rivas, Aitor Díaz, Sidibé (Carballa, min 72), Antón Vilas (Sylla, min 61), Sergio Santos, Hugo Soto, Julio Rey e Eloy (Suso, min 66).
 
Dubra: Brais, Leites, Baleato (Facal, min 69), Cholo, J.Caneda, Mariño (Diego Gesto, min 69), Ferreiro, Munín, Dani Moto, Adrián Vázquez e Gonzalo (Dani Fernández, min 87).
Modificado por última vez en Sábado, 25 Marzo 2017 13:41
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.