Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Domingo, 02 Abril 2017 23:43
Valora este artículo
(0 votos)

O Arosa perde a imbatibilidade en casa e a cuarta praza (CRÓNICA)

O Arosa perdeu esta tarde por 0-1 contra o Bergantiños, un rival directo na loita polos postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso a 2ª B. Este resultado supón a primeira derrota dos arlequinados neste campionato de liga.

Partido moi igualado o de hoxe na Lomba, con dous equipos que chegaban separados só por 4 puntos na clasficación. Os locais, cuartos, invictos na casa, e os visitantes, séptimos, cunha espectacular racha de 13 partidos sen coñecer derrota (hoxe 14). Esa igualdade viuse, entre outras cousas, nas poucas ocasión de gol do primeiro tempo. Dous lanzamentos fóra de Antón Vilas nos primeiros minutos, un remate de Sylla na saída dun córner e pouco máis conseguiron os de Otero ante un Bergantiños moi ben plantado no terreo de xogo. Os de Carballo conseguiron algún achegamento á porta hoxe defendida por Lloves principalmente aproveitando a velocidade por banda de Iago Blanco e cun algún balón colgado, se ben non lograban xerar ocasións.

No primeiro minuto despois da reanudación todo virou. Un despiste defensivo deu orixe a único tanto da tarde. Rodri recibiu só en banda esquerda e tivo tempo e metros para plantarse diante do porteiro local, ao que batiu por debaixo das pernas. Prácticamente a primeira chegada dos visitantes supuxo o 0-1.

Os de Vilagarcía pareceron quedar “noqueados” polo tanto e durante os seguintes 10 ou 15 minutos non acababan de encontrarse, e o Bergantiños mesmo tivo algunha chegada á área rival que podería ter sentenciado o encontro demasiado pronto. No 53 entrou Eloy en substitución de Hugo, buscando ensanchar o campo e imprimir maior velocidade para intentar romper o entramado defensivo dos de Miguel Figueira.

A partir do minuto 60, o Arosa volveu a ter o balón. Sergio Santos e Julio Rey buscábanse mutuamente e o Bergantiños deu un paso atrás, iso si, armando rápidas e perigosas contras.  Os locais intentaban elaborar, pero os visitantes, moi ben colocados, impedían que o balón chegase aos dianteiros arlequinados. No 68 tivo unha boa ocasión o Arosa orixinada nun centro desde a esquerda, pero Vilas non puido empalmar ben o remate, que marchou alto. No minuto 71 entrou Fran Monroy no lugar de Marcos.

O partido continuou na mesma liña, e o Bergantiños continuaba a contragolpear con perigo. No minuto 75 incluso chegaron a facer un tanto, nunha xogada previamente anulada por fóra de xogo. Foi nos últimos minutos cando o Arosa apretou máis e conseguiu achegarse á meta de Christopher. No 93 rematou Sylla de cabeza un balón atrapado polo meta visitante na mesma liña de gol. Desde a grada, especialmente desde o fondo situado detrás desa portería, reclamouse que a bóla entrou completamente. No minuto seguinte, outro testarazo, esta vez de Sidi marchouse por riba da meta por moi pouco.

Con este resultado, alén da condición de único equipo invicto na súa casa, o Arosa perde a cuarta praza, que agora ocupa o Vilalbés, cun punto máis que os de Vilagarcía. O Compostela sitúase cos mesmos puntos que os arlequinados e o Bergantiños un por detrás. A loita polos postos de playoff está máis igualada que nunca, con só 4 puntos de distancia entre o terceiro e o séptimo, e 24 puntos por disputarse.

A próxima semana o Arosa visita A Grela para enfrentarse ao Silva.

Redacción de Celso Callón

Modificado por última vez en Lunes, 03 Abril 2017 00:28
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.