Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Jueves, 13 Abril 2017 23:19
Valora este artículo
(0 votos)

Un gol de Diego Sylla decide para un Arosa de play off ante o Barco (CRÓNICA)

O gol de Diego Sylla aos 15 minutos de partido dalle tres valiosos puntos ao conxunto arlequinado, que sigue inmerso na loita por acadar un dos postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso. A falta do remate desta xornada, que se extendía dende hoxe até o domingo, o conxunto vilagarcián atópase provisionalmente na cuarta praza.
 

Partido intenso o disputado esta tarde na Lomba entre Arosa e Barco. Os locais eran conscientes da importancia de conseguir a victoria e meter presión aos seus rivais directos, e demostrouse no campo cun equipo enchufado desde o principio. Igualmente, os de Valdeorras necesitaban puntuar para alonxarse o máis posible da parte baixa da clasificación, máis tendo en conta os arrastres. Ambos conxuntos saíron con intensidade e viuse unha primeira parte con achegamentos a ambas porterías.
 
Nos primeiros minutos o encontro estivo parado porque o defensa visitante Pablo Corzo tivo que ser atendido por un golpe na disputa dun balón aéreo. Minutos máis tarde tivo que ser definitivamente substuido. Foi nesa primeira fase do partido cando chegaría o tanto da tarde. Un balón longo sobre a área de Vicente, que na loita con Diego Sylla non é quen de facerse co esférico, inaugurando o marcador o dianteiro senegalés.
 
A partir de aí o Barco foise decididamente ao ataque, deixando espazos atrás que os arlequinados intentaban aproveitar con balóns longos e transición rápidas. Os visitantes chegaban a área de Lloves, facendo perigo especialmente a balón parado. No minuto 20 dispuxeron dunha moi boa ocasión, cando Iago Beceiro encarou a porta local. Aitor Díaz, moi atento, saíu ao cruce desbaratando a ocasión e despexando a córner. Nesa dinámica continuou todo o primeiro tempo, sen un dominador claro e un ritmo de xogo alto. No desconto foi anulado un gol de Sidibé de cabeza nun balón parado por fóra de xogo.
 
Tras o descanso os de Otero recuperaron o control do xogo, se ben o Barco dispuxo dalgunha ocasión para conseguir o empate, coma nun remate de Javi Recamán dentro da área pequena no minuto 51 que obrigou a Sergio Lloves a facer unha espectacular parada.

No seguinte minuto, unha boa contra local rematou con disparo de Julio Rey por riba do longueiro. No 58 Antón Vilas foi substituido por un Eloy Fariña que estivo moi incisivo por banda esquerda e dispuxo dalgunhas ocasións de ampliar o marcador. No 62 o árbitro anulou outro tanto local, esta vez de Fran Monroy, tamén por fóra de xogo.
 
O Arosa asediaba a porta de Vicente, pero o gol da tranquilidade non chegaba. As mellores ocasións estiveron nos pés de Eloy, que rematou fóra en posición franca primeiro, e minutos depoís obrigou ao lucimento do porteiro do Barco tras unha fermosa combinación entre Sergio, Hugo Soto (que substituira a Monroy) e Julio Rey. Xa máis aló do minuto 80 chegou un potente disparo de Suso que marchou fóra e un testarazo do capitán Rivas desviado a córner. No minuto 90 a punto estivo Fran Matos de marcar o segundo cun disparo cruzado que marchou lambendo o pau.
 
Finalmente o encontro rematou co 1-0, colocándose os vilagarciáns momentáneamente no cuarto posto. A próxima semana o equipo de Otero visitará A Magdalena para enfrontarse ao R. Villalbés, no que se vislumbra coma un auténtico partidazo. O Barco recibirá ao Órdenes co obxectivo de pechar a salvación
 
CELSO CALLÓN  / VILAGARCÍA
 
FOTOS: ALEJANDRO LORENZO
 
FICHA TÉCNICA:
 
Arosa: Lloves, Fran Matos, Suso, Rivas, Aitor Díaz, Sidibé, Antón Vilas, Sergio Santos, Sylla, Julio Rey y Fran Monroy. También jugaron Eloy, Hugo Soto y Óscar.
 
Barco: Vicente, Asier, Deivis, Cristóbal Juncal, Pablo, Adil, Javi Recamán, Rubén García, Beceiro, David Álvarez e Iván Murillo. También jugaron Ballesteros, Adrián Ramos y Brais López.
 
Gol: Sylla (1-0, 15').
Modificado por última vez en Jueves, 13 Abril 2017 23:44
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

1 comentario

  • Enlace al Comentario Aficionado Viernes, 14 Abril 2017 23:51 publicado por Aficionado

    El Barco desperdicio una inmejorable ocasion para como minimo puntuar. Es inexplicable como se puede tardar mas de quince minutos en hacer un cambio cuando el jugador lesionado desde el primer minuto estaba mareado y aturdido por el golpe y era obvio que no podia seguir, incluso se fue al suelo cuando no podia mas y aun asi se tardo varios minutos en hacer el cambio... El Arosa buscaba aprovechar el jugar con un jugador mas y como castigo al desproposito se encontro con un gol en una acción sin peligro alguno pero en la que desafortunadamente el portero no estuvo acertado cuando tenia toda la ventaja. A pesar de las 4 bajas que tenia el Barco ( Ivi Vales, Borja, Omar y Tato )el partido estaba controlado e incluso teniendo buenas oportunidades de marcar... pero ese gol inexplicable acabo decidiendo un partido en el que luego tampoco habia muchas opciones para cambiarlo por las bajas. Si sirvio para evidenciar los enormes problemas que tiene el Arosa para hacer gol

    Reportar

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.