Login

Registrado Conectar

Login

Username
Password
Remember Me

Registrado

Fields marked with an asterisk (*) are required.
Name
Username
Password
Verify password
Email
Verify email

 

Este sitio web utiliza cookies, propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

Tipos de cookies que usa esta página

 

  • Analytics: Anónimamente medimos el uso que haces de este sitio web para mejorar la experiencia del usuario.

 

  • Estrictamente necesarias: Algunas cookies en este sitio web son estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento del sitio y no pueden ser desactivadas.

 

Sábado, 15 Abril 2017 21:21
Valora este artículo
(0 votos)

O Bergantiños gaña en San Pedro e colócase en play off (CRÓNICA)

Villalonga e Bergantiños chegaban á 34ª xornada en diferentes situacións. Os locais coa salvación virtual a tres puntos; e os de Carballo, pelexando por entrar entre os catro primeiros. No partido de ida o Villalonga fora quen de vencer ao conxunto dirixido por Miguel Figueira por 1-3. Non ocorreu o mesmo esta vez.
 

O partido comezaría co Bergantiños volcado en ataque, con varios remates en tan só dous minutos de encontro, pero sen perigo para o hoxe gardameta improvisado do Vilalonga Adrián Santos, polas baixas de Iván e Cascallar.

No minuto 10 de encontro un tiro dende fóra do área foi rexeitado por Adrián Santos e Nacho, moi atento, empurrou o balón ao fondo da rede, facendo así o primeiro e único tanto do partido.

Co paso dos minutos o Villalonga foi meténdose no partido con algún disparo e varias chegadas, aínda que sen perigo para Cristopher. Case ó final da primeira metade, Cerqueiras intérnase no área, facendo un tiro potente abaixo ben ataxado polo gardameta.

Antes do descanso Nacho puido facer o segundo logo dunha falta botada por Granada, mal despexada pola zaga local. O dianteiro mandou alto un balón que parecía fácil de marcar.

Na reanudación o Villalonga saíu a buscar o empate... e o Bergantiños a sentenciar o duelo con rápidos contraataques. O conxunto dirixido por Antonio Fernández mandaba balóns largos para a carreira de Javi Pazos ou de Aarón Paredes.

O Bergantiños puido anotar por medio de Iago Blanco, que se plantou diante de Adrián Santos, e este fixo unha gran estirada abaixo. Xa no desconto Cerqueiras botou unha falta que foi rematada por Ramilo ás mans de Cristopher.

O encontro remataría con vitoria do cadro visitante, que se engancha ao play off como cuarto clasificado, mentres o Villalonga, pese a disputar un gran partido, marchou de vacío do seu fortín. Para a vindeira xornada o Villalonga visitará ao Silva, mentres o Bergantiños recibirá a visita do Rápido de Bouzas.
 
JOSÉ RAMÓN GIAO / SAN PEDRO
 
FOTO: PONTEVEDRA VIVA

FICHA TÉCNICA:

Villalonga FC: Adrián Santos, Ronald, José, Renda, Bisti, Álvaro, Manu, Mota, Cerqueiras, Filgueira, Javi Pazos. Tamén xogaron: Aarón Paredes, Ramilo e Santi.

Bergantiños CF: Cristopher, Borja Facal, Aarón, Roberto, Iago, Granada, Rodri, Toni, Nacho, Jorge Sáez, Iago Blanco. Tamén xogaron: Jonathan Valle, Álex Sánchez e Roberto Piñeiro.

GOLES: 0-1, min. 10: Nacho.

ÁRBITRO: Casanova Cudeiro (Ourense). Mostrou tarxeta a Bisti do Villalonga FC, así como a Roberto Prieto, Granada e Toni no Bergantiños.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 34 disputado no campo de San Pedro.
Modificado por última vez en Domingo, 16 Abril 2017 22:42
Equipo Galifútbol

Equipo Galifútbol

La redacción de Galifútbol, la formamos más de 50 personas aportando nuestro mejor hacer en pro del fútbol gallego. Si quieres unirte a nuestro equipo,  no tienes más que escribirnos a redaccion@galifutbol.com. ¡Puedes también, seguirnos en Twitter, Facebook e Instagram!

Deja un comentario

Los campos marcados con (*) son obligatorios.

Preferente Norte

Preferente sur

Fútbol Femenino

Galifutbol Copyright 2012. Reservados todos los derechos.